lunes, 22 de abril de 2013

Do destete ó parto


Destete

            Fase crítica


*      Asegurar que o consumo estea arredor de 1,2-1,5 kg de “stárter”.

*      obxectivo é realizalo ás oito semanas, cuns 80-90 kg de peso, e unha altura de 90cm á cruz.

*      Destetar paulatinamente e retirar primeiro unha toma e despois a outra.

*      Verificar que está comendo máis dun quilo de penso ao día.

*      Baleirar e limpar diariamente os comedeiros.

            Desenvolvemento do rume.


*      Incremento do tamaño e desenvolvemento das papilas.

*      Cambio encimático.

*      Instauración dunha flora bacteriana que será a encargada de desdobrar a fibra (celulosa) que contén a forraxe.

*      A capacidade de absorción do rume depende de que haxa papilas de abondo e suficiente vascularización.

*      Os Ácidos Graxos Volátiles (AGV) estimulan o desenvolvemento das papilas.

*      Os AGV prodúcense coa fermentación ruminal, xunto co dióxido de carbono, que estimula o fluxo sanguíneo.

*      A flora microbiana, aínda que xa aparece dende os primeiros días de vida, precisa desenvolverse correctamente, para iso necesita un medio acuoso.

*      As xatas deben ter auga de boa calidade a libre disposición dende o terceiro día de vida.

*      A restrición de auga limita o desenvolvemento ruminal.



Tras  o  destete


*      Organizalos por tamaños e pesos dos xatos.

*      Evitar masificación.
*      Axústar as racións ás necesidades de crecemento de cada lote.

*      As ganancias de peso deberán ser estables durante cada unha das fases de crecemento para evitar crecementos rápidos que den lugar a sobre engraxamentos e crecementos lentos que atrasen a idade ó parto.

*      obxectivo é acadar un animal duns 600 Kg, 140 cm de altura á cruz e próximo ao parto aos 24 meses de idade.

*      A dispoñibilidade de espazo facilita un bo desenvolvemento corporal e diminúe o estrés entre os animais do lote.

*      A cría en lotes tamén mellora o comportamento social, á vez que abarata os custos das instalacións.

Dende  o  destete  ata  os  7 meses



*      Respectar unha superficie mínima por cada un.

*      O criterio de agrupamento debe ser o tamaño para evitar a competencia dos animais con maior desenvolvemento sobre os máis pequenos, da mesma idade.

*      Dispoñer de espazo de abondo nos comedeiros e bebedeiros e limparlos diariamente.

*      Especial atención á ventilación e ós cambios de alimentación para evitar pneumonías, diarreas, etc.

*      É unha das etapas máis delicadas na vida da xata.

*      Tipos principais de aloxamento:


*   Casetas colectivas prefabricadas.
*   Cortes colectivas dentro dun edificio.

*      Precisan unha cama quente e limpa e espazo suficiente para un correcto
crecemento.

*      Que non haxa correntes de aire sobre elas.

*      Vacinacións fronte a IBR e leptospirose

*      A aparición da puberdade está máis relacionada co peso que coa idade.

*      O ritmo de crecemento ata os 6-7 meses está relacionado coa idade ao
parto; canto menor é a Ganancia Media Diaria (GMD) nesta fase maior será a
idade ao parto. O óptimo é 820 g/día.

*      Manter a xata nunha axeitada relación entre o contido magro e adiposo dos tecidos.

Xatas  de  8  a  13 meses


*      É importante o control dos ritmos de crecemento para evitar engraxamentos, a través do seguimento da condición corporal.

*      O aloxamento pódese facer en cortes con cama parcial e corredor de acceso ó presebe ou en cubículos.

*      Os cubículos deben estar adaptados ó tamaño do animal.

*      O manexo sanitario nesta época inclúe vacinacións fronte a BVD, IBR e
clostridiose.

Xovencas  en  cubrición


*      Controlar os celos.

*      As xovencas deben quedar preñadas arredor dos 15 meses, para acadar o
obxectivo do parto aos 24 meses.

*      No momento da cubrición terán uns 340-360 kg de peso (55% do peso adulto) e alzadas superiores aos 124 cm.

*      O seu aloxamento debe facerse en recintos con chan antiescorregante para evitar accidentes na actividade de monta do celo.

*      Débense evitar os partos distócicos, dos que as crías de gran
tamaño son as principais responsables.

*      É importante que as xovencas estean ben medradas, sen excesivo engraxamento, e que a eleción do touro que proporcione fácil parto.

Xovencas  preñadas  ata  o  preparto


*      Durante a xestación:

*      Controlar condición corporal.

*      Vixiar o ubre.

*      Coidar os pezuños.

*      Adaptar as xovencas ás instalacións.

*      Realizar os tratamentos precisos.


*      As xovencas deben iniciar a xestación cunha condición corporal de 3 e rematala
con 3,5.

*      Evitar que perda peso, xa que, se está demasiado gorda, é preferible que continúe así ata o parto antes que poñela a dieta nesta fase.

*      Durante a xestación hai que controlar o ubre das xovencas para poder detectar
posibles ou alteracións, principalmente se os animais están no pasto.

*      Tamén hai que realizar tratamentos preventivos dos pezuños.

*      Adaptar as xovencas ó lugar no que van vivir unha vez paridas para evitar o estrés da adaptación.

*      Unha opción de manexo válida nesta etapa é facer pastoreo.

*      O manexo sanitario durante esta etapa pode incluír vacinacións fronte IBR,
leptospirose, BVD e clostridiose e desparasitacións fronte a nematodos
gastrointestinais e pulmonares, hipodermose e fasciolose.





Preparación  ó  parto



*      Introducir as xovencas primeirizas/primíparas no lote de vacas secas supón un estrés grande para as xovencas pola competencia do alimento cun risco elevado de aparición de transtornos metabólicos.

*      Se o lote está aloxado nunha estabulación con cubículos, convén que as xovencas
*      xa veñan afeitas ó seu uso, que pode adoptarse ao longo do proceso de recría.

*      Convén que non haxa unha alta densidade, isto favorecerá que poidan comer e descansar o suficiente.

*      O aceso ó bebedeiro  debe estar garantido.

*      No momento do parto é importante facer unha análise de IBR, BVD, neosporose e paratuberculose da xovenca de primeiro parto e deberán ser seronegativas.

*      No preparto aconséllase vacinar fronte a diarreas neonatais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario