miércoles, 30 de enero de 2013

Razas bovinas

Razas bovinas


ASTURIANA     DOS     VALES


1.     INTRODUCIÓN


A Asturiana dos Vales é unha raza bovina autóctona que se cría fundamentalmente nas estribacións da Cordilleira Cantábrica. Ten a súa orixe no Tronco Cantábrico e ten características propias do mesmo, como a cor castaña da capa.

De carácter moi noble, resulta ideal para o seu manexo en condicións extensivas, desenvolvéndose ben en terreos accidentados e soportando perfectamente temperaturas extremas.

Estas vacas son mansas, boas nais, paren sen dificultade e destetan becerros de pesos elevados con boa conformación. A súa extraordinaria capacidade de cría quizais sexa una reminiscencia da súa antiga utilización como vaca leiteira. Actualmente a raza está orientada á produción cárnica, a pesar de que nas súas orixes fose de tripla aptitude.

O Catálogo Oficial de Razas de Gando inclúe á raza bovina Asturiana dos Vales no Grupo de Razas Autóctonas de Fomento.


2.     HISTORIA E SITUACIÓN ACTUAL


A mediados do século XIX había una notable presenza en toda xeografía astur-leonesa.

A mediados do século  XX  houbo una introdución masiva de razas estranxeiras e comeza a diminuír o censo da raza.

Nos anos 70 do século XX arrinconouse a raza nas zonas montañosas e cambiou a súa produtividade dende a tripla aptitude orixinal cara a orientación exclusivamente cárnica.

Nos anos 80 do século XX o censo chegou a un mínimo histórico (22.000 reprodutoras), creouse a asociación de criadores e as administracións toman conciencia do problema e implícanse no programa de recuperación e mellora.

Nos anos 90 do século XX os censos se recuperan, a presenza é notable en todo o territorio asturiano e comeza a súa expansión cara outras rexións.

Actualmente podemos dicir con orgullo que os gandeiros de Asturias decantáronse  pola raza Asturiana e puxeron  freo á penetración de razas foráneas, tan estendidas noutras rexións españolas.


3.     DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA


Perfectamente integrada en duros ecosistemas dende tempos ancestrais, a raza Asturiana dos Vales compre a importante misión de conservar o medio natural e a paisaxe, á par que constitúe unha fonte de ingresos indispensables para os poboadores de zonas de montaña.

Comprobouse a súa perfecta adaptación a sistemas de explotación extensivos, tanto en pureza como en cruzamento industrial, en zonas secas españolas e en zonas de clima tropical do centro e Sudamérica.

Na actualidade, existen rabaños da raza Asturiana dos Vales en todas as Comunidades Autónomas da Cornisa Cantábrica, en Castilla-León, Madrid e Extremadura.


4.     MORFOLOXÍA


Estas vacas son de tamaño medio, están provistas dun bo desenrolo muscular e esquelético, alcanzando pesos de 600 kg nas femias e 1.000 kg nos machos adultos.

A capa é castaña con tonalidade variable que pode ir dende un amarelo pallizo moi pálido ata un castaño roxizo, con degradacións cremosas na cara interna das extremidades, bragada e na orla do fociño. Nos machos a capa é máis escura en xeral, con abundantes pelos negros no pescozo, papada e terzo posterior.
    
A cabeza é de mediano tamaño, está ben proporcionada e é ancha na base dos cornos.

Fronte plana con perfil recto ou lixeiramente subconvexo.

Nariz ancha e achatada con amplos ollares.

As orellas son pequenas, revestidas interiormente con pelos claros e escuros nos bordes.

Os ollos son de expresión tranquila, saíntes e grandes,  rodeados de halo más claro que a cor da capa.

Os cornos teñen a pala de cor branco e o pitón negro, nacen na liña de prolongación da caluga cara fora e logo cara adiante, arriba e atrás.

O pescozo é corto, musculado e ben insertado co lombo, papada medianamente desenrolada, e plegues da pel pouco numerosos.

Os lombos son longos, ben dirixidos, aceptablemente musculados, ben unidos ó pescozo e adaptados ó costillar.

A liña dorso-lumbar é reta ou lixeiramente ensillada, ancha, plana e musculosa.

A grupa é ancha, cadrada, ben musculada, lixeiramente inclinada.

O nacemento da cola é horizontal ou lixeiramente alto.

Extremidades fortes de lonxitude media, ben musculadas nas súas  partes superiores. Pernas redondeadas e longas, cañas de mediana lonxitude, xeonllos e corvexóns ben proporcionados non moi grosos, cuartillas cortas e correctamente inclinadas.
    
Ubre de bo desenrolo e conformación, con tetos grandes de color rosado.

Os párpados, fociño e zona anovulvar son sempre de cor negra ou pizarra escura, así como o borlón da cola, rodetes coronarios e pezuños.

É característica da raza unha mancha tamén negra máis ou menos pronunciada baixo os ollos (olleira).

Presentan perfil recto ou lixeiramente subconvexo e aspecto equilibrado. En función do seu desenrolo muscular, clasifícanse en dúas variedades, a musculosa ou culona e a normal.


5.     O CARÁCTER CULÓN


A raza Asturiana dos Vales está especializada na produción de carne. Para este fin conta cun bo formato, gran capacidade de transformación de alimentos e notable velocidade de crecemento.

Son moi frecuentes os animais de tipo culón (hipertrofia muscular hereditaria), os cales presentan un desenrolo muscular extraordinario debido ó aumento do número de fibras musculares e, polo tanto, amosan unha clara superioridade dende o punto de vista carniceiro.

Esta superioridade concrétase nun maior rendemento á canal, maior proporción de músculo, menor proporción de óso e moita menor proporción de graxa.


6.     CARACTERÍSTICAS PRODUTIVAS E SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN


Entre as características reprodutivas das femias desta raza destacan que presentan un 92 % de partos sen dificultade con só un 2 % de partos por cesáreas, un intervalo entre partos de 380 días, e unha idade ó primeiro parto de 31 meses. No caso das femias culonas, o intervalo entre partos aumenta 10 días e a idade ó primeiro parto atrasase un mes.

Os becerros nacen cunha media de 40 kg e alcanzan unha velocidade de crecemento durante a lactancia de 942 gramos/día.

Os touros de raza Asturiana de los Valles son moi utilizados en cruzamento industrial sobre vacas frisonas e sobre outras vacas de cría tanto en monta natural como a través da inseminación artificial.

       O becerro cruzado nace sen dificultade e moi ben conformado, posto que os touros asturianos aportan ó produto muscularidade e un incremento da calidade sensorial da carne.

Como distintivo de calidade a raza ten a Marca "Xata Roxa" integrada na Indicación Xeográfica Protexida de "Tenreira Asturiana". Como produtos tipos están a Tenreira, sacrificado con menos de 12 meses e o Añojo, sacrificado entre os 12 e os 18 meses.

Emprégase como raza mellorante na produción de carne no vacún leiteiro e como distintivo de calidade a raza ten a Indicación Xeográfica Protexida de "Tenreira Asturiana".

Os sistemas de explotación veñen determinados pola situación xeográfica da explotación e pola dispoñibilidade de recursos alimenticios.

A herba é a base da alimentación dos rabaños, ben sexa consumida en pastoreo durante as épocas de primavera, verán e outono, ben en forma de feo e ensilado nos meses de inverno.

Soamente se reserva o uso de concentrados para o cebo de tenreiros dende o destete ata o sacrificio.

En territorios da Cornisa Cantábrica pódese falar de tres modalidades produtivas diferentes: o sistema tradicional val/porto, o sistema de semiestabulación regular e o sistema de estabulación mínima.

7.     ASEVA


A Asociación Española de Criadores de Gando Vacún da Raza Asturiana dos Vales, constituída en 1981, ten ámbito nacional e o obxectivo de agrupar ós criadores de Asturiana dos Vales.

Entre as súas funcións figuran: velar pola conservación, pureza e selección da raza vacuna Asturiana dos Vales; promover os intereses dos seus asociados; procurar un maior nivel de produtividade e rentabilidade das explotacións, dirixir o funcionamento e perfeccionamento do Libro Xenealóxico da raza, e colaborar cos Servizos técnicos oficiais no desenrolo das probas de Valoración Xenética.




ASTURIANA DA MONTAÑA



1.     INTRODUCIÓN.


Tal e como o seu nome indica, esta raza bovina é autóctona da porción oriental do Principado de Asturias. Localmente coñécese como Raza Casina debido a que o seu encadre xeográfico se estende polo Concello de Caso.

É unha raza típica de montaña, localizándose en cotas xeográficas altas, grazas a que reúne todos os requisitos das razas rústicas. Está catalogada oficialmente como Raza Autóctona en Perigo de Extinción.

Explótase en réxime extensivo para a produción de carne, principalmente na zona oriental do Principado de Asturias. Para elo, aprovéitase a súa rusticidade e capacidade de adaptación, así como a súa gran docilidade e capacidade de cría.

Atópase  integrada dende tempos inmemoriais na paisaxe e ecosistema asturianos, cumprindo unha importante función de conservación do medio e contribuíndo en gran medida á fixación de poboación en áreas de montaña.

A raza Casina pertence ó tronco castaño cantábrico (tronco castaño cóncavo) e a súa orixe parece atoparse no gando doméstico introducido fai séculos polas invasións indoeuropeas, é dicir, na raza que o etnólogo Dechambre denominou como raza dos celtas.

Tratábase orixinariamente dunha raza de tripla aptitude, pero cunha clara orientación mantequeira dada a súa produción de leite rica en graxa, empregada na elaboración de manteca e de diversos queixos da zona (Casín, Beyos, Gamonedo, etc).

Por outra parte, producía anualmente un tenreiro para recría ou para carne, e as pequenas parellas de vacas ou bois eran moi utilizadas pola súa capacidade e resistencia para o traballo de campo no montañoso territorio asturiano.

Os gandeiros dos Concellos de Caso, Aller e Ponga realizaron durante séculos unha seleción dos seus animais para unha maior produción de leite e adaptación ós pastos de montaña que deu lugar á fixación dos caracteres do que hoxe coñecemos como raza casina.

Estes gandeiros aproveitaban os pastos comunais de montaña dende primavera ata o outono, para dirixirse posteriormente en inverno co seu gando ás zonas costeiras do oriente de Asturias, o que motivou que a raza casina fora difundíndose  nun amplo territorio.


2.     HISTORIA E SITUACIÓN ACTUAL


*      Finais do século XIX:
     Créase a Sociedade de Gandeiros de Caso para seleccionar a raza.

*      Ano 1910:
     Coñécense os Regulamentos dos concursos gandeiros.

*      Ano 1929:
     Primeiros Libros Xenealóxicos e Control de Rendemento Leiteiro.

*      Dende os anos 40 ata os anos 80:
     Presión de razas foráneas fomentadas polo Ministerio.
     Mestizaxe progresivo e desprazamento da raza cara zonas difíciles.
     Dificultades para os gandeiros que queren criar a raza.
     Cambio de orientación cara a produción de carne.

*      Ano 1978:
     Ministerio de Agricultura establece o interés da conservación e mellora da raza.
     Encargo ó CENSYRA-Somió da xestión do Libro Xenealóxico Oficial.
     Inclusión da raza no Catálogo Oficial de razas españolas como raza de fomento.

*      Ano 1980:
     Libro Xenealóxico conta con 53 machos e 311 vacas inscritas pertencentes a 68 explotacións.

*      Mediados dos anos 80:
     Constitución da Asociación de Criadores (ASEAMO).
     Publicación do Regulamento do Libro Xenealóxico.
     Concesión a ASEAMO do título de Entidade Colaboradora do Ministerio de Agricultura.

*      Final dos anos 80 e principios dos 90:
     Aumento da mestizaxe por intensa presión por cruzamento con Asturiano dos Vales.

*      Dende o ano 1922 ó ano 1994:
     Desenrolo do Plan de Conservación e Mellora, segundo o convenio entre ASEAMO e a Consellería de Medio Rural.

*      Ano 1994:
     Entrada en vigor da axuda á conservación de razas en perigo de extinción (Programa Agroambiental).

*      A partir de mediados dos anos 90:
     Recuperación y aumento dos censos.
     Presenza notable en todo o oriente asturiano e expansión cara outras rexións.


3.     DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA.


Ó longo das zonas montañosas do Principado de Asturias, presentando maior censo na comarca de Caso, esténdese polo Norte de Castela e León e Cantabria.

Perfectamente integrada en duros ecosistemas dende tempos ancestrais, a raza Asturiana da Montaña cumple a dobre misión de conservar o medio e ser fonte de ingresos indispensables para os poboadores de zonas de montaña.


Na actualidade, esta raza se cría fundamentalmente nas zonas montañosas do oriente asturiano: Picos de Europa, Serra do Sueve, Serra do Cuera, Serra de Cuana e montes de Piloña e Ponga.

Adáptase perfectamente a zonas difíciles doutras rexións españolas, atopándose rabaños estables en Cantabria, País Vasco e Castela-León.


4.     MORFOLOXÍA


Os animais da raza Asturiana da Montaña teñen unha apariencia moi compacta, o que da lugar a expresións como “a vaca casina é grande botada e pequena de pe” ou “á vaca casina ten que pasarlle pouco aire por debaixo da barriga”.

Nas femias, a alzada á cruz é de 125-130 centímetros, o perímetro torácico de 160-170 centímetros e o peso vivo de 400-500 kilogramos. Nos machos estas medidas son, respectivamente, de 140-145 centímetros, 190-200 centímetros e 600-700 kilogramos.

A capa é castaña, con distintas variacións de tonalidade, das denominadas guindas ou cereixas ás denominadas “mariellas”. Presenta degradacións blanco-cremosas ó redor do fociño e ollos, en axilas, bragadas, mamas, parte interna de muslos e periné. Intensificacións da cor, ata pelos negros, no borde das orellas e, menos acentuadas, no borde da papada. Nos machos as intensificacións de cor son máis acentuadas.

Os extremos, fociño, pitóns, rodetes coronarios, pezuñas, borlón da cola e cúpula escrotal en machos son negros, así como os párpados e as pestanas. As mucosas da nariz, bucolinguais e ano-vulvares son negras ou pizarrosas.

A cabeza é pequena, proporcionalmente máis longa nas femias que nos machos, de perfil subcóncavo ou recto, con protuberancia occipital destacada.

Fronte ancha con gran separación entre as órbitas oculares.

Morro ancho e groso. A parte central del borde inferior do morro presenta unha coloración branquecina, coincidente con outra igual do labio superior.

Os ollos son grandes con longas pestanas negras. Adoitan presentar unha olleira de pelos negros que rodea a zona branquecina do redor dos ollos.

As orellas son pequenas, ovoides, con abundante pelo, sendo frecuente a presenza de longos mechóns denominados “bedilles”. Os bordes das orellas son negros.

A encornadura é abundante. Os cornos son en gancho (nos machos pouco abertos, e nas femias, voltos cara arriba e cara fora) nacen na liña de prolongación da caluca, máis curtos e anchos nos machos, horizontais na base e dirixidos despois cara adiante e arriba, sendo normal que nas vacas con idade a punta do corno tornee cara atrás e cara fora. Pala branca e pitón negro.

O pecozo é curto e robusto, con papada destacada e descontinua.

O tórax é profundo, arqueado e espazoso (gran capacidade torácica).

O ventre é profundo, ancho e ben proporcionado.

Dorso-Lombo lixeiramente ensillado, con certa inclinación ascendente cara a palomilla (sacro).

A grupa proporcionalmente é moi ancha e lixeiramente inclinada. A elevación do sacro da lugar á inclinación de atrás a adiante.

O nacemento da cola é frecuentemente en “caiado”. Abundante borlón.

As extremidades son curtas e moi potentes, carnosas na súa parte superior, de radios esqueléticos destacadamente finos, con pezuñas pequenas, redondas e duras.

Os cascos adoitan estar perfilados na súa parte superior por un ribete de pelos negros.

A ubre é de bo desenrolo e gran calidade, con tetos ben implantados.

Papada presente en machos.


5.     CARACTERÍSTICAS PRODUCTIVAS E SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN


Atópase integrada dende tempos inmemoriais na paisaxe e ecosistema asturianos, cumprindo unha importante función de conservación do medio e contribuíndo en gran medida á fixación de poboación en áreas de montaña.

Presentan precocidade sexual, dándose o primeiro parto antes dos 2 años de idade. Normalmente son partos sen problemas.

Unha vez abandonada a súa tripla aptitude do pasado, actualmente a súa produción láctea da lugar ó queixo Casín, pero é a súa produción cárnica en extensivo a que maior prestixio ten, dispoñendo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Xata Roxa. O produto tipo son os tenreiros pastencos, completados con racións de concentrados.

Os sistemas de explotación veñen determinados pola situación xeográfica da explotación e pola dispoñibilidade de recursos alimenticios.

Comprobouse a perfecta adaptación desta raza a sistemas de explotación extensivos en zonas da España seca.

As explotacións gandeiras son pequenas e, en moitos casos, están adicadas a unha produción conxunta de carne e queixo, para o cal contan cun rabaño de vacas casinas, algunhas vacas de muxido e outro rabaño de ovellas e cabras.

As cubricións son de primavera-verán, case todas en monta natural durante a estancia nos portos. So esporádicamente se utiliza a inseminación artificial.

Os partos se acumulan entre finais do inverno e comezos da primavera (entre xaneiro e maio teñen lugar o 75% dos partos).

A herba é a base da alimentación dos rabaños, ben sexa consumida en pastoreo durante os meses de primavera, verán e outono, ou baixo a forma de feo e ensilado nos meses de inverno.

O sistema descansa na complementariedade da produción forraxeira entre os prados situados no  fondo dos vales (propiedade privada) e os invernais e pastizais comunais (costas e portos). O factor limitante do número de cabezas de cada explotación é capacidade de produción de forraxe conservado (feo ou ensilado) para o inverno.

Os prados da explotación adoitan ser pradeiras naturais de moi pequeno tamaño aproveitados para sega en primavera-verán e para pastoreo en outono.

Os invernais son prados de altura intercalados entre os prados da explotación e os portos de montaña que son aproveitados a dente durante curtos períodos á subida e baixada dos portos. En moitas ocasións dispoñen de establos de corte tradicional nos que se consume o feo de herba colleitado no verán.

As denominadas costas son pastizais de zonas baixas, normalmente de forte pendente e con abundancia de matorral, que adoitan aproveitarse durante a invernada.

Os portos de montaña son os pastizais das zonas supraforestais que se aproveitan en réxime de trashumancia curta o verán e parte do outono.

O ciclo de aproveitamento comeza en maio coa subida do gando ós portos, onde permanecen ata o mes de outubro en que o gando comeza a baixar ós invernais, costas y prados do val.

Ó longo do outono permanecen todo o día en costas e prados e, a medida que avanza o inverno, van baixando ós prados do val aqueles animais que aínda permanecían en invernais e costas, de maneira que en febreiro os animais están nos prados (a maioría) ou estabulados (algunhas explotacións).

A finais de marzo comézanse a utilizar as costas e invernais ata que en maio se volva a iniciar o ciclo coa subida ós portos de montaña.

Os becerros lactantes acompañan ás nais ós portos e son destetados en outono para ser vendidos nas numerosas feiras que se celebran nesa época. Son moi poucas as explotacións que pechan o ciclo co cebo dos becerros ata o sacrificio.

O período de estabulación invernal é moi curto, e a base do sistema é o aproveitamento dos pastos comunais (máis de 200 días ó ano). Anualmente, as vacas pastorean en pastos propios e pastos comunais, unha media de 343 días al año, dos cales 63 van acompañados de estabulación nocturna.



Colaboradora para a xestión do Libro Xenealóxico da raza Asturiana da Montaña.

Paralelamente a este traballo, a Asociación realiza labores de:

•   Promoción mediante organización de subastas, exposicións e concursos.
•   Xestión do Programa de Conservación.
•   Cursos de formación e charlas a gandeiros.
•   Comercialización de seme e embrións a través de ASTURGEN S.L.
•   Interlocución entre os gandeiros e as distintas Administracións.
•   Publicación de libros e revistas.
•   Participación en proxectos de investigación relacionados coa raza.



FRISONA


1.     INTRODUCIÓN.


O seu nome provén da rexión de orixe, Frisia (Holanda), pero está considerada como unha raza española integrada en España xa que supón o 40% do censo total de dita cabaña. Adopta diferentes sinónimos, tales como raza holandesa, raza Holstein-Friesian, Holstein, etc.
Destaca pola súa alta produción de leite e a súa boa adaptabilidade.
Esta característica fíxoa ser adoptada en ganderías de numerosos países, sendo actualmente a raza máis común en todo o mundo en granxas para a produción vacún de leite.
Recoñecida mundialmente pola súa óptima aptitude leiteira, é obxeto de estudo de rigurosos controis de rendemento, procesos de selección, investigación índices xenéticos de produción e tipo, etc.
O Catálogo Oficial de Razas de Gando inclúe á raza bovina Frisona no Grupo de Razas Integradas en España.
                                                                                                                                                

2.     HISTORIA E SITUACIÓN ACTUAL


No pasado distinguíanse co nome de gando frisón dous tipos de razas: unha berrenda (ou manchada) en negro e chamada holandesa ou Holstein-Friesian, e outra berrenda en vermello. Non obstante, a finais do século XX era considerada xa como raza única.
Aínda que non existe información exacta sobre a data de aparición da Raza Frisona en España, sí se pode afirmar que foi a mediados do  século XIX cando se realizaron as primeiras importacións de este gando, procedente de Holanda. O seu destino maioritario foi a rexión norte do noso país, a Cornisa Cantábrica, onde a raza se adaptou con gran facilidade, extendéndose dede alí ó resto da xeografía española. Á Exposición Xeral de Agricultura de 1857 concurriu xa nunha importante lote de gando frisón.
Ó longo da historia da Raza Frisona en España, se poden establecer dúas épocas: o período europeizante e o da  holsteinización. Ata 1965 todas as importacións de efectivos de femias de esta raza se habían realizado de Holanda. Naquel tempo, e debido precisamente a estas importacións, predomina o morfotipo chamado no noso país “liña europea”, e a partir das importaciones de USA e Canadá a tendencia do mercado foise inclinando cara un maior predominio na demanda de sangue Holstein ou “tipo americano”.
Aínda que a importación de xenética Holstein se realizara a pequena escala dende os anos 30, con touros americanos, é, como se dixera, a mediados da década dos 60 cando comeza a etapa que os técnicos consideran como inicio da “Holsteinización” en  España. Se no ano 1956 se importaran un total de 318 xovencas holandesas, en 1965 so tiveron esa orixe 103, fronte ás 3.526 de Canadá. Esta preferencia continuou en anos sucesivos, se ben actualmente o mercado europeo volve a ter un destacado papel, pero co tipo americano.
Nas importacións de seme se segue a mesma tendencia, xeneralizándose a partir de 1970 a utilización de doses de sementais americanos e canadienses. Desta forte entrada das mellores liñas Holstein do mundo da fe o que dende 1976 España é o terceiro país europeo en importacións de seme de USA. Actualmente, el 60% das doses utilizadas sobre os efectivos do Libro Xenealóxico proceden dos mencionados países.
Na actualidade, a raza Frisona está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España como raza integrada da especie bovina. O seu censo como vaca de aptitude leiteira constitúe o maior dunha raza dentro do  sector bovino español e, polo seu rendemento produtivo individual, está nas primeiras posicións do ranking dos países punteiros en selección xenética de vacún leiteiro frisón. Ó ser case a única raza produtiva de leite no noso país, adquire unha importancia zootécnica produtiva e socio-económica especial pola súa elevada porcentaxe de contribución na Produción Final Gandeira.

3.     DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA.


Presenta o 60% do censo total concentrado na Cornisa Cantábrica e o outro 40% distribuído polo resto do territorio nacional.

4.     MORFOLOXÍA


O Libro Xenealóxico da raza Frisona describe animais celoides, lonxilíneos, hipermétricos, de pouca masa e proporcionado óso. Cun  lixeiro dimorfismo sexual ma súa estrutura e capacidade, cunha moderna tendencia ó descornado dos animais. A súa condición leitera aporta ás femias un sistema mamario equilibrado, con ligamentos suspensores fortes e unhas ubres de ampla base e profundidade moderada.
Nacendo cun peso aproximado de 40 kg, las vacas Holstein chegan a pesar 800 kg, mentres que os touros alcanzan os 900 kg.
A súa capa é berrenda en negro ou vermello.

5.     CARACTERÍSTICAS PRODUCTIVAS E SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN


As explotacións de raza bovina Frisona da Cornisa Cantábrica caracterízanse por ser explotacións familiares, mentras que no resto de España predominan as explotacións de maior número de reses e máis intensificadas.
A súa alimentación, con predilección pola herba, adaptouse  perfectamente a unha dieta industrializada. Os seus elevados rendementos leiteiros, 9.100 kg de media por lactación a 305 días, con 3,63% de graxa e 3,15% de proteína, son difícilmente superados por outras razas. Tamén se comercializan os becerros, vendéndoos ó descalostrar.
A primeira cubrición ten lugar ós 17 meses, baixo unha media de 1,70 a 2 de inseminacións artificiais por parto.
Habitualmente a produción  mídese  nunha lactación normalizada a 305 días (normalmente a vaca se ten en produción este tempo e despois se  "seca" dous meses antes do parto, que é cando empeza a seguinte lactación).
Esta produción é altamente variable segundo o manexo e a alimentación da vaca, pero se coñecen vacas que superaron con moito os 20.000 litros de leite. Como exemplo, hai zonas de España onde a media da área ronda os 12.000 litros cunhas porcentaxes de graxa e de proteína de aprox. 3,70% e 3,15% respectivamente.
Estas producións requiren un manexo moi especializado, unha alta selección xenética e unha alimentación moi coidada, o que non quere dicir que se utilicen hormonas ou produtos prohibidos ou con períodos de supresión, como antibióticos; hai profesionais que se adican precisamente a iso, ó deseño da alimentación das vacas granxa a granxa. Zonas que a priori parecería que deberan ter medias de produción moito máis altas -como Galicia ou moitas ganderías da cornisa cantábrica- ten producións moi inferiores.


A Federación Frisona Galega é a federación das catro Asociacións Provinciais de Control Leiteiro (AFRICOR) de Galicia.