Se
tivese que escoller un libro, só un, sen dúbida sería este. A miña planta de
laranxa lima é unha novela moi emotiva, quen de aflorar as bágoas en calquera
persoa de calquera idade.
É
unha historia sobre o descubrimento do mundo a través duns ollos humildes e
inocentes nun marco de pobreza e dor que fai aínda máis duro medrar...
“Fiquei acariñando a flor branquiña entre os dedos. Non choraría máis por calquera cousa. Aínda que Minguiño estivese intentando decirme adeus con aquela flor; partía do mundo dos meus soños cara o mundo da miña realidade e dor.”