jueves, 2 de febrero de 2012

Nocións básicas sobre tractores


1.     Criterios a ter en conta á hora de escoller un tractor.

·      Adaptado á explotación .
·      Resposta do tractor á demanda dos traballos.
·      Utilización anual e custe.
·      O tractor con máis CV NON ten porqué ser o máis axeitado.

2.     Como se pode expresar o consumo de combustible dun tractor?
Potencia (kW o CV):  É a capacidade que posúe o motor para realizar traballo na unidade de tempo.
Potencia Nominal:  É a que o motor pode suministrar no traballo continuo ó réxime nominal o de funcionamento máximo recomendado polo fabricante. Exemplo: 95 kW ou 129 CV, con réxime nominal a 2.200 r/min.
Potencia Máxima:  É a maior potencia que o motor pode alcanzar. Para o agricultor non debe ser a que maior consideración obteña xa que a súa utilización é moi escasa nos traballos realizados habitualmente. Exemplo: 108 kW, a 1.900 r/min.
Incremento de Potencia, Potencia adicional ou Potencia Extra:  É a diferenza
resultante entre a potencia máxima e a nominal. Exemplo: [108 kW – 95 kW] = 13 kW
Potencia Constante é cando a potencia máxima se mantén durante un intervalo amplo do réxime do motor. Exprésase en porcentaxe segundo o réxime correspondente á potencia nominal e ó réxime máis baixo ó que se volve a obter esa mesma potencia. Unha potencia constante, igual ou superior ó 20 % do total do réxime, está ben considerada para un motor. Exemplo: [(2.200 -1.600) / 2.200 x 100] = 27,3%

3.     Que elementos se deben ter en conta para calcular os custes de uso dun tractor?
O custe horario dun tractor componse dos custes fixos (amortización, intereses, aloxamento e seguros), máis os custes variables (consumo de combustible, aceites, lubricantes, pneumáticos, mantemento y reparacións) que se producen cando o tractor funciona, e varían segundo o tipo de labor e o prezo do gasóleo. Os primeiros chámanse fixos por que se producen aínda sen utilizar o tractor. Teñen unha grande importancia no custe total, principalmente cando o tractor se utiliza poucas horas, debido a que os custes fixos anuais se dividen polo número de horas traballadas anualmente.
El custe de amortización dun tractor, que recolle a perda do seu valor, prodúcese polo uso e por quedar anticuado respecto ós novos modelos que aparecen. La amortización do tractor, ou recuperación do valor depreciado, requirirá de máis anos cantas menos horas traballe al año.

4.     Que operacións de mantemento van influír no maior ou menor consumo de combustible?

·      Manter a limpeza do filtro do aire e do gasóleo.
• Controlar e regular o circuíto de combustible.
• Utilizar lubricantes axeitados.

5.     Regras prácticas para unha condución económica.

A.  Para traballos pesados (subsolador, vertedeira)
1. Colocar a panca do acelerador para que o motor xire en baleiro entre o 80 e 85% do réxime nominal.
2. Buscar entre as distintas velocidades a que co equipo traballando e sen tocar o acelerador, produza unha caída de voltas dunhas 200 - 300 revolucións por minuto. Se a caída fose maior a marcha escollida sería demasiado longa, se fose menor estaríamos utilizando una marcha demasiado corta.

B.     Para traballos lixeiros (cultivador, rastra ou grade non accionadas)

1. Colocar a panca do acelerador para que o motor en baleiro xire entre o 60 e o 65% do réxime nominal.
2. Seleccionar a velocidade do cambio como no caso anterior.
Se a velocidade de avance é excesiva, pódese aumentar a anchura do apeiro e levalo á velocidade axeitada.

C. Para traballos coa toma de forza (tdf)

Colocarase a panca do acelerador para conseguir no motor o réxime requirido no eixo da toma de forza (ó redor de 540 ó 1.000 r/min.). En traballos lixeiros (sementeira, pulverización, fertilización) hanse utilizar as posicións de toma de forza económica;
conseguíndose reducir os consumos de combustible, porque suministraremos la potencia requirida pola máquina con menor réxime do motor do tractor.


6.     Consecuencias dun lastrado incorrecto.
O lastrado do tractor utilízase para evitar en parte o patinamento e poder realizar labores diferentes de tracción. Consiste en engadir peso ó tractor para equilibralo e evitar o patinamento e pode facerse con contrapesos dianteiros, traseiros, nos discos da roda ou enchendo as rodas de auga (se estas levan cámara). Hai dous tipos de lastrado incorrecto:

Lastrado INSUFICIENTE:
• Patinamento excesivo e perda da capacidade de arrastre.
• Maior desgaste dos pneumáticos.
• Consumo excesivo de combustible.

Lastrado EXCESIVO:
• Alta resistencia á rodadura, o que reduce la potencia dispoñible.
• Sobrecarga dos pneumáticos e do cambio.
• Compactación do solo.
• Consumo excesivo de combustible.

7.     Que é unha CUMA? Vantaxes deste tipo de sociedades.
Cooperativa de Utilización de Maquinaria Agrícola en común.

• O obxectivo único consiste na utilización en común de maquinaria e equipos agrícolas nas explotacións agropecuarias, co fin de reducir os seus custes de produción.
• O número mínimo de socios debe ser cinco e para recibir axudas é preciso que os dous terzos dos socios sexan Agricultores a Título Principal (A.T.P.).
• As axudas poden chegar ata un máximo do 35% do total da inversión, sen IVE.
• Mellor eficiencia enerxética, cun consumo menor de gasóleo por hectárea, realizándose os mesmos traballos na mesma superficie e cultivos (aforro superior ó 46% respecto ó utilizado nas explotacións individuais antes de agruparse na CUMA, e un aforro do 16,8 % ó cambiar de tractores).
• Correcta planificación e optimización da utilización do parque de tractores.
• Modernización da flota de tractores, xa que ó traballar máis horas por ano, amortízanse e renovan en menor número de anos, aportando as últimas innovacións.
• Respeto polo medio ambiente. Grazas á diminución do consumo de gasóleo tamén se reducen as emisións de CO2 e de outros elementos non desexados á atmosfera.
• Maior confort, seguridade e menores riscos laborais para o tractorista, ó cambiarse o tractor na metade de anos que en as antigas explotacións.


8.     Relación entre a presión de inflado dos pneumáticos e o aforro de combustible.
Para manter o patinamento controlado e aforrar combustible, faranse os seguintes coidados:

• Manter os pneumáticos recomendados polo fabricante.
• Controlar e axustar a presión de inflado ó traballo que se vai realizar e ó estado do terreo.
• Boa adaptación dos apeiros ó tractor.
• Cambiar sen tardanza os pneumáticos desgastados.
• Limpalos de sustancias estrañas.
• Utilizar o acelerador de man.

Para transporte e traballos sobre solo duro a presión será máis alta (1,8 bares) que cando se traballe sobre solo húmido ou solo cultivado (1,3 bares ou a mínima proposta polo fabricante). A presión do aire nas rodas é equivalente á presión que o pneumático traslada ó solo.

Un desequilibrio na presión acarrea un maior consumo de combustible e produce un desgaste máis rápido do pneumático.

Polo xeral, e salvo en solos moi secos, os pneumáticos anchos, de baixa presión e as rodas xemelgas reducen o consumo, prolongan a vida dos pneumáticos e respetan a estrutura do solo. O pneumático de tipo radial favorece á superficie de apoio e o amarre no solo.

Para lograr un aforro considerable de combustible nos traballos pesados, utilizarase sempre a tracción ás catro rodas. O aforro de utilizar tracción ás catro rodas comparado coa tracción ás dúas rodas é superior ó 20%.

O peso do tractor produce compactación do solo e fai aumentar o consumo de combustible.

Para evitalo:
• Utilice pneumáticos axeitados.
• Reduza o lastre cando non sexa preciso.
• É importante axustar a presión de inflado ó estado do solo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario